venres, 20 de febreiro de 2026

Queima do Felipiño de Cadreche!

Boas, cadrechiñ@s!

Hoxe celebramos no noso cole a tradicional queima do Felipiño, un dos momentos máis agardados do Entroido. Toda a familia cadrechiña nos xuntamos para chorar a súa “triste” morte e darlle un último adeus a Felipe.

O noso Felipiño foi levado a ombros por Laura, Andrea, Luki e Pablo, de 6º de EP. Antes da queima, Candela e Iván, tamén de 6º de EP, foron os encargados de ler o seu testamento e as súas últimas vontades, facendo rir a grandes e pequenos coas súas ocorrencias.

Foi un momento moi especial, cheo de tradición, humor e convivencia, que puxo o broche final á celebración do Entroido no noso centro.

Achegámosvos unhas fotos deste divertido e emotivo momento.

Un saúdo, cadrechiñ@s! 

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Entrevista á teacher María

Boas, cadrechiñ@s! Benvidos a un novo episodio de Radio K. Dende polos creativos estivemos argallando algo moi especial, nin máis nin meno...