luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía de Castro


Boas, cadrechiñ@s! 

Hoxe foi un día moi especial para todo o cole, xa que neste 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, a maior autora da nosa literatura e símbolo da nosa identidade e da lingua galega.

Arredor das doce, chegamos á Pobra do Caramiñal, onde nos xuntamos no centro da vila cos nosos compañeiros do CEP Salustiano Rey Eiras para renderlle unha fermosa homenaxe a Rosalía.Nun ambiente cheo de emoción e orgullo pola nosa cultura, todos os cadrechiños e cadrechiñas interpretamos a canción “Como chove miudiño”, enchendo a praza de música, sensibilidade e sentimento. Foi un deses momentos que nos lembran a importancia de manter viva a nosa lingua e as nosas tradicións. E finalizamos cantando entre todos o noso himno, "Os pinos", símbolo da unión e
unidade galega.

Despois da actuación, puidemos degustar un riquísimo Caldo de Gloria, inspirado nun dos poemas máis coñecidos de Rosalía, compartindo así poesía, convivencia e sabor galego. Sen dúbida, foi unha xornada moi especial, de aprendizaxe fóra da aula e de orgullo pola nosa cultura. 

Un saúdo, cadrechiñ@s!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Entrevista á teacher María

Boas, cadrechiñ@s! Benvidos a un novo episodio de Radio K. Dende polos creativos estivemos argallando algo moi especial, nin máis nin meno...