Boas, cadrechiñ@s!
Hoxe, día 23 de abril, celebramos con moita ilusión o Día do Libro no cole de Cadreche.
Para conmemorar esta data tan especial, levamos a cabo un apadriñamento lector, no que o alumnado de 6º, 5º e 4º curso compartiu lecturas cos máis pequenos de 1º, 2º e 3º. A actividade desenvolveuse nun dos nosos recunchos favoritos do centro, a coñecida Zona 6, que se encheu de historias, sorrisos e complicidade.
A xornada continuou cun momento moi especial: os nosos cadrechiños interpretaron unha fermosa canción, dirixidos pola profe Carmela, que puxo a nota musical e emotiva ao día.
Para rematar, cada neno e nena recibiu un pequeno agasallo: un marcapáxinas e un exemplar do xornal escolar que elaboramos entre todos, A Voz de Cadreche.
Sen dúbida, foi un día cheo de aprendizaxe, convivencia e amor polos libros, que tanto alumnado como profesorado desfrutamos ao máximo.
Un saúdo, cadrechiñ@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario